A costa galega é unha das máis famosas de Europa, isto é debido a súa lonxitude total en comparación co espazo que ocupa a comunidade galega. A costa galega divídese en 4: Rías altas, Rías baixas, Costa da morte e Marina lucense. As rías altas van dende a ría de Ribadeo ata Fisterra, e comprende unha zona máis salvaxe e menos poboada ca o resto das costas galegas. A marina lucense, que abarca toda a zona da costa cantábrica de Galicia, é dicir, ao norte, e forma unha parte das rías altas. A costa da morte, atopada no noroeste, é unha das máis famosas, xa que atópase o lugar onde se creía que era o "fin do mundo", un dos mitos máis coñecidos, non só en Galicia, tamén en España. As rías Baixas Comprenden pouco máis de 300km, famosa porque é donde os ríos desembocan no mar.